dimarts, 27 de setembre de 2011

Cursos de llengua gallega a l'EOI de Barcelona-Drassanes


Inici matrícula
Cursos de llengua gallega a l'EOI de Barcelona-Drassanes
Període de matrícula des del 27 de setembre al 3 de novembre de 2011
Avui, 27 de setembre de 2011, comença el període de matrícula per als cursos de gallec que ofereix l'Escola Oficial d'Idiomas de Barcelona-Drassanes. El curs inicial està pensat per arribar a un nivell B1 del MECR i capacita l'alumnat per presentar-se a les proves Celga 1 o Celga 2 de la Xunta de Galicia. El curs avançatestà pensat per obtenir el nivell C1 del MECR i capacita l'alumnat per presentar-se a les proves Celga 3 o Celga 4. Es farà una prova d'anivellament a les persones matriculades als cursos el dimarts 25 d'octubre a les 19h a l'EOI Barcelona-Drassanes. La matrícula es pot fer per internet (cursosespecials.secretaria@eoibd.cat) o presencialment a la secretaria de cursos especials (dimarts 10.00-12.00 i dijous 17.00-19.00). Professora: Ana Escourido (anaescourido@gmail.com).
Més informació a http://www.eoibd.cat/ i al cartell adjuntat en aquest missatge.



Inicio matrícula
Cursos de lingua galega na EOI de Barcelona-Drassanes
Período de matrícula dende o 27 de setembro ao 3 de novembro de 2011

Hoxe, 27 de setembro de 2011, comeza o período de matrícula para os cursos de galego que ofrece a Escola Oficial de Idiomas de Barcelona-Drassanes. O curso inicial está pensado para chegar a un nivel B1 do MECR e capacita o alumnado para se presentar ás probas Celga 1 ou Celga 2 da Xunta de Galicia. O curso avanzado está pensado para obter o nivel C1 do MECR e capacita o alumnado para se presentar ás probas Celga 3 ou Celga 4. Realizarase unha proba para determinar o nivel das persoas matriculadas que terá lugar o martes 25 de outubro ás 19 h na EOI Barcelona-Drassanes. A matrícula pódese facer por internet (cursosespecials.secretaria@eoibd.cat) ou presencialmente na secretaría de cursos especiais (martes 10.00-12.00 e xoves 17.00-19.00). Profesora: Ana Escourido (anaescourido@gmail.com).
Máis información en http://www.eoibd.cat/ e no cartel que se adxunta a esta mensaxe.

dijous, 15 de setembre de 2011

Cursos de catalán en Compostela

A partir do vindeiro mes de outubro vou dar dous cursos de lingua e cultura catalás en Compostela: un na Gentalha do Pichel e outro na asociación veciñal A Xuntanza do barrio de San Pedro.

O curso de lingua e cultura catalás quere ofrecer un coñecemento global da realidade social da lingua catalá (extensión territorial, distintos graos de oficialidade, situación sociolingüística...) e da cultura que se xerou no seu territorio. O alumnado, ademais, adquirirá as ferramentas lingüísticas básicas para entender textos escritos ou orais en catalán, de xeito que desenvolva as habilidades comunicativas para poder pasar da comprensión da lingua ao seu uso activo.


Os horarios dos cursos (de mañá ou de tarde) e a periodicidade son os seguintes:

Curso de catalán na Gentalha do Pichel: mércores de 20 a 21:30h. De outubro a xaneiro (con posibilidade de continuación se hai demanda). No local da rúa de Santa Clara 21. Correo: gentalha[arroba]agal-gz.org.

Curso de catalán na Xuntanza: mércores de 10 a 11:30h. De outubro a xuño. No local da corredoira das Fraguas 37. Correo: info[arroba]axuntanza.org

O prezo de ambos os cursos é de 20€ ao mes.

Se queredes máis información sobre prazas, matrícula, etc., escribide aos correos das asociacións. Se tedes algunha dúbida sobre o contido do curso ou para facerdes as vosas suxestións, escribídeme a catalunya.galiza@gmail.com.

Espero que vos animedes a vir! Moitas grazas a tod@s!
Espero que us animeu a venir! Moltes gràcies a tothom!
Free Blog CounterEnglish German Translation
Locations of visitors to this page Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet