diumenge, 18 de novembre de 2012

L’independentisme català, vigilat a Galícia

Ahir, dia 17 de novembre, vaig anar amb una companya al centre social Revira de Pontevedra a fer una xerrada sobre els Països Catalans. El Revira és un dels casals independentistes que hi ha en algunes ciutats de Galícia i que treballa pel foment de la llengua i la cultura gallegues. Programa rutes per la comarca o per la mateixa ciutat per conèixer-ne el patrimoni i la història, conferències, col·loquis o jornades com la d’ahir dedicades a algun país concret.

Durant la xerrada jo vaig parlar de la situació geogràfica dels Països Catalans, dels territoris que els integren, de la història de la llengua catalana, dels diferents graus d’oficialitat que té segons el lloc, etc. La companya també catalana que fa cinc anys que viu a Galícia va fer una exposició dels grups que hi ha actualment al Parlament de Catalunya, dels programes que defensen, de quines previsions donen les enquestes per a les eleccions de la setmana vinent i d’alguns dels motius pels quals l’independentisme ha crescut tant darrerament a Catalunya.
















Després de l’acte, vam fer un pa amb tomàquet amb els assistents —una vintena de persones— i en acabat vam marxar cap al cotxe per tornar a Santiago de Compostela. Érem dues noies i dos nois. Al cap de sis-cents metres, a la cantonada de la Rúa do Padre Gaite amb l’avinguda de Buenos Aires (davant del pont “dos tirantes”), un parell d’agents de la policia espanyola, un home i una dona, ens van aturar i ens van reclamar la documentació. Mentre ell donava les nostres dades per l’emissora, vam demanar a l’altra agent quin era el motiu de la retenció. La resposta fou que hi ha una onada de robatoris a Pontevedra —cosa que sembla que és certa—, que havien rebut una trucada i tenien ordre de fer unes comprovacions. També ens van citar una llei que, és clar, no recordo.

Avui he parlat amb els del centre social Revira i m’han confirmat que no és la primera vegada que els passa. Més d’una vegada s’ha identificat les persones que sortien d’algun dels actes i durant alguna època de manera continuada. Només de tant en tant, quan es donen a conèixer els fets, cessen les retencions “rutinàries”. A més a més, sempre de la mateixa manera: mai davant del local, sinó quan les persones que volen intimidar ja se n’han allunyat uns quants metres. Ahir els fets van tenir lloc després de separar-nos de la gent del Revira i en una cantonada poc transitada per la qual no va passar ningú durant l’estona que hi vam ser.


És evident que no puc assegurar que no fos perquè ens veiessin pinta de lladres (l’única càrrega que dúiem eren els mapes dels Països Catalans d’en Joan Becat editats per Terra Nostra i impresos per Vicens Vives). Ara bé, si tenim en compte que no és la primera vegada que passa, que l’independentisme a Galícia està vigiladíssim i que són habituals aquest tipus d’identificacions, tot plegat ens duu a pensar que els motius són polítics i no de seguretat ciutadana. Dos exemples concrets: fa temps van identificar unes persones que sortien d’apostatar del bisbat de Santiago i que havien quedat per fer-ho conjuntament mitjançant una convocatòria pública a les xarxes socials; la matinada de la vaga general, va haver-hi gent que sortia per participar en els piquets i que es va trobar amb agents de la policia espanyola que ja els esperaven a la porta de casa per demanar-los la documentació, i així un llarg seguit de retencions que no tenen res de rutinàries.

Aquesta estratègia repressiva només s’explica si el que volen és atemorir la ciutadania i, concretament, aquelles persones que participen en qualsevol moviment social que vulgui —com indica la paraula moviment...— canviar les coses. No en tenien prou a perseguir l’independentisme gallec, amb violacions dels drets humans com les que es van denunciar fa no gaires dies, sinó que ara la policia espanyola a Galícia també es dedica a controlar l’independentisme català. Saben qui som, on vivim, quins són els nostres cotxes, a què ens dediquem i per on ens movem  —cosa que, en l’era de les xarxes socials, tampoc no és tan complicat...—. Són uns pesats, però ens confirmen que fem el que hem de fer i que anem pel bon camí.


dimecres, 18 d’abril de 2012

Sobre a definición de 'catalán' do DRAG

Hai unhas semanas a Real Academia Galega puxo a disposición pública a versión electrónica do seu dicionario. Como cada un ten as súas teimas, o primeiro que fixen foi procurar a definición de catalán para contrastala coa do anterior dicionario (1997). E velaquí as dúas definicións (copio só a acepción relativa á lingua):

DRAG 1997: «3. Idioma románico falado en Cataluña, Andorra, País Valenciano, Illas Baleares, no Rosellón francés e na cidade sarda de L’Alguer. Curso de catalán.»

DRAG 2012: «3. Idioma románico falado en Cataluña, Andorra, País Valenciano, Illas Baleares, nunha franxa oriental de Aragón, nunha zona de Murcia, no Rosellón francés e na cidade sarda de L’Alguer. Non existe unha denominación unificada para designar o catalán no seu amplo dominio lingüístico.»


Comparándomos as dúas definicións vemos que o único cambio foi a incorporación (co que se converte no segundo dicionario galego que o fai, logo do e-Estraviz) da franxa aragonesa e da comarca murciana de El Carxe entre os territorios de fala catalá. Esta rectificación vese enrarecida polo artigo indeterminado que parece denotar que hai máis dunha franxa oriental en Aragón ou que esta non é abondo coñecida, e polo sintagma "unha zona de Murcia", moito máis inexacto có non demasiado longo "comarca murciana de El Carxe". Esta mudanza, como a do e-Estraviz, débese ao artigo "Catalán en galego, galego en catalán. Tratamento das linguas galega e catalá nas principais obras lexicográficas dos Países Cataláns e de Galicia", que publiquei en Cadernos de Lingua 32 —é dicir, na revista de lingüística da propia Academia— e que me consta que se tivo en conta á hora de modificar a entrada catalán. Neste traballo propoño unha definición de catalán para os dicionarios galegos sobre a que os respectivos equipos lexicográficos poidan traballar para axeitala aos seus criterios e que é a seguinte:

«CATALÁN: Lingua románica, con trazos comúns ás linguas iberorrománicas e galorrománicas, propia de Cataluña (agás do Val de Arán, occitanófono), da Cataluña do Norte, de Andorra, das Illas Baleares, da franxa de comarcas aragonesas limítrofes con Cataluña, da metade oriental do País Valenciano, da comarca murciana de El Carxe e da cidade sarda de L’Alguer [territorios que tamén se denominan, no seu conxunto, Países Cataláns].»

Os Países Cataláns e, en gris escuro, o dominio da lingua catalá (foto: Viquipèdia).

Volvendo á definición do DRAG 2012, hai que reparar que se mantén o topónimo "Rosellón" cando é moito máis axeitado (p. 61-62 do artigo) Cataluña do Norte, dado que o Rosellón só é unha das comarcas que integran o territorio catalanfalante do estado francés e, ademais, é un pleonasmo falar de "Rosellón francés" porque que non hai ningún outro Rosellón e, se é francés ou non, tamén se pode discutir —o mesmo acontece coa "Bretaña francesa": se non é a grande, só pode ser a continental—.

Sobre os outros topónimos, na mesma proposta defendín que era ben explicitar que o catalán non é a lingua propia do Val de Arán ou que é a lingua propia da metade oriental do País Valenciano e non da súa totalidade, aínda que a incorporación ou non destes detalles xa depende do criterio de cada un dos dicionarios e de que sexan máis ou menos enciclopédicos. Dito isto, hai que lembrar e aplaudir que o da RAG fose o primeiro dicionario que incorporou o topónimo País Valenciano, e non o equívoco Valencia ou o rarísimo Comunidade Valenciana.

Sobre estes aspectos xa falei dabondo nesas páxinas, pero o que máis me preocupa desta nova definición é o exemplo que acompaña a acepción relativa á lingua. Na primeira edición o exemplo dicía, simplemente, «Curso de catalán», que non achega case nada á definición pero tampouco a prexudica, como si que fai o da segunda edición, que non só a prexudica senón que é grave que unha institución académica faga unha afirmación como «Non existe unha denominación unificada para designar o catalán no seu amplo dominio lingüístico.».

Un dicionario dunha academia é un dicionario académico e, polo tanto, as definicións e os exemplos expresan a opinión da academia e reflicten o pensamento, non o esquezamos, dos homes e das mulleres (máis ben dos primeiros...) que interveñen na súa redacción. Tendo en conta isto, calquera persoa que lea o exemplo citado poderá extrapolar que a Real Academia Galega afirma que a lingua catalá non ten un glotónimo —ou sexa, un nome para o idioma— xeral e aceptado internacionalmente. Na páxina 52 do devandito artigo digo o seguinte:

«O feito de a lingua catalá se distribuír por varios territorios sen unha unidade política favoreceu que os seus falantes xerasen nomes populares para referirse a ela [...] Algúns destes autoglotónimos son: català no Principado de Cataluña (xunto con outros como lleidatà, tortosí, etc., segundo as zonas), valencià no País Valenciano, mallorquí en Mallorca, menorquí en Menorca, eivissenc en Eivisa, formenterer en Formentera e alguerès en L’Alguer; na Cataluña do Norte o catalán é chamado polo seu nome —boa parte da poboación do Rosellón considérase catalá e ten consciencia de vivir en Cataluña malia non falar en catalán— aínda que, por mor do menosprezo a que foi sometida a poboación non francófona, tamén hai quen se refire á lingua co termo despectivo “patuès” (patois en francés), que tantos falantes de linguas non francesas do Estado francès empregan para denominalas. Hai que engadir tamén o de “xapurrat” nas terras que quedaron á marxe da oficialidade e onde foi máis difícil que se producise un nome da lingua derivado do topónimo correspondente, como La Franja (por ausencia dun topónimo unificador) ou El Carxe.»

Mais que o pobo xere nomes para a súa lingua (español, castellano, andaluz...) non quita que o glotónimo con que a lingua é coñecida no seu conxunto, no ámbito académico e tamén internacionalmente sexa o de catalán. É grave, pois, que a Real Academia Galega incorpore un exemplo do que se pode desprender que descoñece a realidade da lingua catalá ou que afirma que esta non ten un nome unívoco, co que podería apoiar e alimentar indirectamente argumentos secesionistas.

Finalmente, outra expresión contida no exemplo que tamén pode ser discutible é a de «amplo dominio lingüístico». É unha información totalmente subxectiva que non achega ningún valor ao texto. O dominio do catalán é amplo comparado con cal? Co do aragonés, que é menor, ou có do occitano, que é maior? Se cadra tamén cumpriría revisar esta afirmación.

Esta crítica, claro está, quere ser construtiva e fágoa entendendo as dificultades que comporta a redacción dunha obra lexicográfica, mais paréceme interesante facela pública por escrito e non só poñela en coñecemento das persoas responsables do dicionario, como tamén vou facer, para que consideren a conveniencia de modificar un exemplo tan pouco apropiado e tamén, por que non, de mellorar a fórmula coa que se expresan as dúas zonas catalanfalantes recentemente incorporadas. 

dilluns, 30 de gener de 2012

Sobre a tradución ao galego de Pa negre III: algúns criterios de tradución

Recuperando a idea de que traducir é facer literatura e xerar un produto distinto do orixinal, e engadindo a constatación de que este novo produto se fai cos coñecementos lingüísticos e culturais do tradutor pero tamén, e non menos importante, cos seus gustos e preferencias, poderemos chegar á conclusión de que toda tradución é unha proposta de tradución. Así mesmo, dentro do conxunto da obra traducida hai solucións que non soamente lle poden parecer discutibles ao lector senón que, seguramente, nin sequera o tradutor está convencido de que sexan as máis axeitadas.

A continuación vou comentar algunha escollas polas que optei en Pan negro e que me parece que é interesante xustificar, sexa porque lle poden resultar estrañas ao lector, sexa porque non teñen demasiada tradición dentro da literatura galega ou simplemente por explicar o proceso que levou ata elas.

Produtos tradicionais

Un dos puntos que pode suscitar diferenzas é a elección da tradución directa, da adaptación ou do mantemento dos nomes de certos produtos que non existen na cultura cara á que se adapta a obra.

 
Mesa con embutidos e outros produtos tradicionais de Galicia e do País Valenciano

Índomos aos exemplos concretos, cando no orixinal aparece formatge e na tradución queixo, cada un imaxinará un queixo ou outro segundo os seus costumes pero non se xeran problemas de comprensión. Ora ben, queixos hai en todas partes, mais nin en Cataluña se fan chourizos (e o que alí se chama xoriç nalgunhas comarcas nada ten que ver co chourizo do país) nin na Galiza se fan fuets, aínda que sexan máis coñecidos aqueles no Mediterráneo ca estes no Atlántico. Estes graos de coñecemento ou descoñecemento xeran unha presenza desigual destes produtos na cultura galega ata chegar, ás veces, á incorporación dalgúns deles nos dicionarios galegos.

Para ilustrar esta problemática, e xa que andamos co porco ás voltas, imos ver o grao de traducibilidade de tres embutidos concretos, a llonganissa, a botifarra e mais o fuet. A primeira, a llonganissa do catalán aparece en Pan negro traducida como longaínza. O que define este embutido é que está feito coa tripa delgada, aínda que varíe o recheo e o adubo. Optei pola tradución directa aproveitando a coincidencia da palabra e prescindindo das diferenzas que poida haber para cada lector, o que xa nos pasaba co queixo que vimos de ver.
En segundo lugar, a botifarra aparece nos dicionarios galegos con este mesmo nome. No Estraviz como un «chouriço elaborado con carne de porco» e tanto no Xerais coma no Ir Indo coa referencia á súa orixe catalá (dos Países Cataláns!). Polo tanto, traducino polo termo homónimo, sancionado pola lexicografía galega.

Momento dunha mata en Mallorca

O último destes embutidos, o fuet, parece moito máis descoñecido na Galiza —aínda que se poida atopar nos supermercados— e, en consecuencia, non ten presenza nos dicionarios galegos. Un fuet é unha especie de longaínza aínda máis estreita e máis longa (semellante, en certa maneira, a un látego, fuet en catalán). Neste caso non optei polo emprego dunha locución que glosase o significado, xa que podería chegar a ser ridículo, nin pola busca dun embutido por algún recuncho da xeografía culinaria galega que puidese ter unha semellanza co fuet. Optei, simplemente, por manter a palabra orixinal e poñela na tradución sen ningún tipo de marca e en letra redonda; ou sexa, fixen unha proposta de introdución deste termo na lingua galega como anteriormente fixen tamén a proposta da introdución da palabra grelos na lingua catalá. Se hoxe todos sabemos o que é o sushi e o escribimos nas nosas linguas coa grafía inglesa sen problema ningún (como cada vez somos máis hábiles á hora de comelo con paus...), por que non imos poder facer o mesmo co fuet?

«Manteis bos dobrados, panos, copas de festa, botellas de viño, longaínzas e fuets, queixo e noces, rebandas de pan branco, pratos e coitelos...» (p 138)

Finalmente, como contrapunto a este último caso, imos ver o da palabra carquiñolis, que son uns pasteliños tradicionais con escasa presenza fóra de Cataluña que se adoitan tomar de sobremesa ou para acompañar o café. Aquí optei por adaptar a grafía da palabra e complementar o texto cunha nota a rodapé (e volverei máis adiante sobre isto):

«Os carquiñolis (en catalán, carquinyolis) son un tipo de pasteliño estreito, seco e duro, moi tostado, que se fai con fariña, ovo, azucre e améndoas. [N. do t.]» (p. 73)

Partes da casa

A maior parte da acción de Pa negre transcorre nunha masía. En toda a novela mantiven a palabra masía cunha simple adaptación ortográfica e cambiei o sinónimo mas por masía ou por casa segundo o resultado estilístico de cada momento.

Unha masía (ou un mas) é a casa dunha finca rústica que pode variar de tamaño e feitura segundo a zona e os propietarios, pero no caso da masía concreta da novela é o que en Galicia sería unha casa grande, é dicir «a vivenda rural en todo o seu desenrolo [...] [que] ten unha economía pechada, bastándose a si mesma e contando con caseiros, traballadores e criados que constitúen unha verdadeira clientela e forman algo así coma unha prolongación da familia xa que se senten ligados ós da casa grande por unha serie de vencellos de gratitude e de afecto.» (Xaquín Lorenzo. A casa. Vigo: Galaxia, 1982. P. 109-110).


Como nesta casa grande, a masía de Pa negre pertence a unha familia rica absentista dos labores do campo que delega nos arrendatarios o coidado das terras e da facenda e estes, á súa vez, dirixen o equipo de mozos, criados e seitureiros que traballan na explotación. En canto á edificación, non hai un equivalente arquitectónico entre a masía e algún tipo de construción tradicional galega, pero si que podemos encontrar coincidencias tanto cos pazos coma coas casas grandes.

Por iso o porxo da masía que podería ser o corredor dunha casa labrega aparece traducido como solaina —mesmo habendo dúas...—, xa que é a solaina dos pazos o que máis se parece ao grande balcón con arcos da masías que se describe na novela, e transmite máis sensación de casa señorial unha solaina ca un corredor. Ao mesmo tempo, evítase a confusión do corredor exterior có corredor interior da casa que tamén aparece bastantes veces na novela.

«á altura da primeira solaina da casa.» (p. 10) / «as mulleres sentadas na solaina de arriba debullando millo ou zurcindo a roupa» (p. 11) / «A cociña de arriba, a do primeiro andar, era a cociña de verán ou dos señores, e tiña un comedorciño ao lado que daba á solaina» (p. 13) / «Estando ás carranchapernas na ameixeira vin a fachada negra da masía cos buratos das dúas solainas, repetidos como unha orla. Nunha das arcadas da solaina do faiado había unha luz acesa, como un misto, que se apagou enseguida.» (p. 149)

A outra parte da casa que vou comentar e cuxo emprego foi máis afortunado nunhas frases ca noutra é o rocho, é dicir, o lugar onde se gardan as cousas vellas que non se usan. Primeiro traducira «quarto dels mals endreços» por trasteira, mais logo valorei a posibilidade de cambialo por rocho, unha palabra popular que lle dá máis sabor ao texto:

«Na cociña de arriba había outra porta que daba a un rocho que facía de despensa, un lugar escuro, sen fiestras, cunha porta de saída á sala grande.» (p. 13)

Aínda que como se pode ver no exemplo seguinte, quizais era mellor non cambialo cando se usa en sentido simbólico, xa que quedaría mellor “a trasteira do cerebro”:

 «E a min quedábame enterrado no rocho do cerebro o nome do Pere Màrtir mesturado con todos os cachifallos de lembranzas medio esquecidas, nomes descoñecidos, frases misteriosas e escenas inclasificables.» (p. 97)

Portada do libro Masies que cal conèixer, cunha masía con dúas solainas

Antropónimos

Para os antropónimos seguín o criterio de mantelos sempre na lingua orixinal, mesmo sen adaptacións ortográficas. Cando un lector galego lea “a avoa Mercè”, pode ser que faga o c como unha interdental, en vez de pronuncialo con seseo, mais basta esta indicación para adaptarse á pronuncia catalá. E, mentres que os nomes propios se manteñen igual ca en catalán, os alcumes están traducidos polo feito de o seu significado ser importante para a caracterización do personaxe. Este parágrafo ilustra ben o que acabo de dicir:

«Os nomes dos que falaban máis, á parte dos familiares coñecidos, eran os do Cara-sucia [Cara-bruta], a Antònia Tola [Boja] de casa Tona, o Louro de mal pelo [de mal pèl] ou o Canario [Canari] e mais o Civil Encrechado [Civil Rexinxolat], unha parella da Garda Civil que sempre ían xuntos, de xolda, dicía a avoa, «estes dous van sempre de xolda», o padre Tafalla, superior dos Camilos e o seu acompañante, o novizo navarro, os señores Manubens, claro, os donos, o Brunet Que Non Para Nunca [Que No Para Mai] porque era o xefe local do Movimiento da aldea e por iso a avoa lle sacara este alcume, o señor Madern, o mestre, e a señorita Pepita, a ex-monxa Babeca [Tòtila] da Novísima, o Pere Màrtir, que foi unha gran sorpresa..., entre outros.» (p. 27)

Como podedes ver, no caso de Pere Màrtir mantiven a ortografía do complemento do nome á catalá, xa que neste caso ou facía o cambio completo (“Pedro Mártir”), o que entraría en contradición co criterio xeral de non traducir os  nomes, ou ben optaba por unha forma mixta que podería parecer estraña, e o que importa é que a comprensión non queda afectada. Esta vontade de manter a ortografía en coherencia coa forma catalá tamén fixo que non acentuase o apelido Manubens, aínda que en galego poida levar a confusións, xa que en catalán a súa pronunciación é aguda, tal coma se en galego escribísemos Manubéns.

Para os nomes das casas, un asunto non menos importante na novela, fixen o mesmo: traducín os alcumes e mantiven na forma orixinal os que son hipocorísticos e os nomes detoponímicos (e tamén os que non tiña claro se son alcumes ou non...):

«Interesábanse pola orixe dos alcumes ou nomeadas de cada casa —casa Pastor [cal Rabadà], casa Sempre [can Sempre], casa da Rapaza Bonita [ca la Noia Maca], casa do Celibato de Sau [cal Fadrí de Sau]..., e as masías de casa Tona [can Tona —hipocorístico de Antònia—], casa Soca [can Soca] ou La Bruguera, e mesmo os nomes máis comprometidos como casa Merda Seca [can Merda Seca], casa Pixa Torcida [can Pixa Torta], ou casa da Pepa Sucia [ca la Pepa Bruta]—, tema no cal a avoa era unha enciclopedia.» (p. 65)

Sobre este punto só compre engadir que, do mesmo xeito que en galego existe o apócope cas para as casas, en catalán é moi habitual designalas polo apócope ca máis o artigo persoal, resultando formas como cal, ca la, can, ca la, etc. Só empreguei cas nalgún momento por razóns de estilo, e no resto de casos usei sempre a estrutura casa + nome:

«Os ladridos dos cans á noite, tanto os da masía coma os de cas da Roviretes, casa Rovira, inquietábannos» (p. 41)

E, lido agora, decátome de que a algún falante lle pode dificultar a lectura a coincidencia na mesma frase de cans-cas [plural non estándar de can], mais iso xa son accidentes que un non pode prever...

Fitónimos


Para a tradución dos nomes das plantas guieime polas ferramentas de consulta habituais e tamén por este traballo tan completo e interesante. Só houbo dous casos que presentaron máis dificultade, o gitam e o lletimó, polo feito de seren plantas propias do mediterráneo e da metade este da Península ibérica que teñen nome en catalán, en castelán, en aragonés e en éuscaro mais non en galego. Para resolver este atranco contei coa axuda de Silverio Cerradelo, formado tanto en ciencias naturais coma en filoloxía, que me aconsellou varias opcións que me levaron a optar polo nome portugués para o gitam (Dictamnus hispanicus), fraxinela, e por crear o neoloxismo tomentelo real para o lletimó (Dictamnus albus) a imitación do sinónimo timó reial polo que tamén é coñecido este vexetal nalgúns lugares do País Valenciano.

Flor do gitam

«—Ai! —dixo a avoa Mercè coma se se dispuxese a explicar unha lección demasiado difícil para a nosa capacidade—. Os animais teñen un instinto especial para encontrar os remedios das súas enfermidades; cando teñen algunha ferida saben escoller o tomentelo real [gitam] e a fraxinela [lletimó] das outras herbas, e cando lles pica unha víbora buscan axiña o ourego [orenga] (p. 45)

Notas a rodapé

En canto as notas a rodapé, escusei redactar todas aquelas que puidesen servir só para redundar en obviedades ou ben naqueles casos nos que unha nota non achegase ningún valor engadido a algo que hoxe se poida encontrar con facilidade cunha busca na rede. Un recurso para evitar a introdución dunha nota é a glosa dentro da mesma frase do que se quere esclarecer; por exemplo, cando en Pa negre di «al cor de les Guilleries», en Pan negro engádeselle o nome do accidente xeográfico para que o mesmo texto xa dea conta do que son Les Guilleries:

«e cando volvía quedaba a alindar o gando nos fondais e pasaba as invernías no bosque, no corazón da serra de Les Guilleries» (p. 14)

A maiores da nota á que xa fixen referencia ao falar das comidas, engadín unha para explicar que o Sant Ferriol da «adega de Sant Ferriol» é o santo protector do viño (p. 16), outra para aclarar que Patufet é a palabra popular derivada dunha publicación —e antes dun personaxe popular— coa que se designa(ba)n as revistas ilustradas infantís en Cataluña (p. 25) e outra porque me pareceu interesante non só indicar que o avó Macià e o alcume de Francesc Macià, senón indicar que foi o 122 presidente da Generalitat de Catalunya durante a Segunda República (p. 86). Non é a función das notas ao pé facer pedagoxía, pero fíxeno como pequeno acto de rebeldía informativa contra todos aqueles que hoxe queren facer crer que as institucións catalás son un invento recente dos nacionalistas. E, a última das enes do te está redactada para poder saber sen levantar a vista do texto quen eran dous bandoleiros que aparecen como transfondo històrico na narración —e se cadra é a máis prescindible de todas—:

«Joan Sala i Ferrer, máis coñecido como Serrallonga, e El Fadrí de Sau foron dous célebres bandoleiros de Osona, comarca na que transcorre Pan negro. Levaron a cabo as súas accións durante as primeiras décadas do século XVII e as súas vidas foron reelaboradas e mitificadas pola literatura e polas lendas populares.» [N. do t.] (p. 106)

Canción Serrallonga do grupo Esquirols con paisaxes de Les Guilleries e de Osona

Hai outros casos nos que aparecen notas a rodapé con asterisco en lugar de números para poder manter algunhas estrofas de cancións populares en catalán e dar a tradución literal en galego:

«El mestre que m’ensenya, / l’airum, l’airum, l’aireta, / el mestre que m’ensenya s’ha enamorat de mi.» = «O mestre que me aprende / ailalelo, ailalalo, / o mestre que me aprende / namorouse de min.» (p. 37)

É ben comentar que a tradución de l’airum, l’airum, l’aireta por ailalelo, ailalalo é totalmente persoal, mais serve para indicar que son formas equivalentes en cadansúa lingua deste verso baleiro. Noutros casos a nota con asterisco é para non traducir unha cita literaria, como acontece con esta de Frederic Soler:

«esmola que esmola, fes dagues, daguer, fes dagues que passin les malles d’acer...» = «Afía que afía, fai dagas, coiteleiro, fai dagas que pasen as mallas de aceiro...» (p. 107)

As escollas léxicas (pares verbais, sinonimia, dialectalismos...), estilísticas, etc., que podería comentar son infinitas, mais prefiro deixar aquí este tema e penso que xa quedaron abondo xustificados algúns dos criterios polos que me guiei na tradución da novela, e tamén quedou claro que son eleccións sempre discutibles e modificables.

Anteriores:

"Sobre a tradución ao galego de Pa negre II: a intertextualidade"
"Sobre a tradución ao galego de Pa negre I: o título"
"Sobre a tradución ao galego de Pa negre"

dilluns, 23 de gener de 2012

Sobre a tradución ao galego de Pa negre II: a intertextualidade.

Traducir literatura é facer literatura. A obra traducida é sempre unha versión da obra orixinal que sofre unha transculturización e se insire nun novo sistema literario. Calquera lectura de Pan negro pode desvelar novas referencias intertextuais e estas, que dependerán da bagaxe de cada persoa, sempre serán susceptibles de verse ampliadas como continuamente se amplía a produción cultural.

Como é imposible facer unha lista de todas as relacións ou coincidencias que se poden establecer entre Pan negro e a cultura galega, gustaríame destacar só dúas. Unha, porque me parece moi bonita e, a outra, pola carga simbólica que amece á que xa tiña de seu a pasaxe na que se encontra.

Os contos a carón do lume

A avoa Mercè, un dos personaxes máis entrañables da historia, cóntalles historias aos cativos á par da lareira; en catalán estes relatos son els contes de la vora del foc (minuto 30:30 da película). Para un lector catalán, ademais de ser unha expresión popular e se cadra universal, pode ser o título dunha obra de Frederic Soler (aínda que xa moi afastada no tempo e sen presenza na memoria colectiva) ou de tantas escolmas de contos que se teñen titulado aproveitando esta frase.

En galego, porén, a referencia énos tan cercana aínda e tan clara que os contes de la vora del foc piden ser traducidos por contos a carón do lume (p. 45, 175...), o que provoca que ao lelo en galego se nos abra na nosa imaxinación o mundo cheo de defuntos, ladróns, lobos e aparecidos das terras bravas da montaña luguesa que Ánxel Fole recreou en Á lus do candil (1953), subtitulado Contos a carón do lume.

Linóleum de Carlos Maside para Terra Brava 

Isto non quere dicir que els contes de la vora del foc non poidan ser truculentos e de misterio, pero a ilustración fixo máis dano en Cataluña ca na Galiza e a tradición oral catalá está moito máis intelectualizada cá galega, o que devén nunha menor presenza de certos elementos na literatura ou no imaxinario popular. Polo tanto, e a pesar de que na novela se diga que eses contos son de fer venir por (“de meter medo” —p. 11), coido que un lector catalán que escoite ou lea a expresión contes de la vora del foc pensará en historias moito máis doces e agradables. Xa que logo, os referentes que rescata a mente cambian ben segundo se lemos Pa negre ou Pan negro.

A derradeira lección do mestre

A escena que abre o capítulo 37 é o último día dos alumnos na escola da Novísima antes do verán, pero sobre todo éo do señor Madern, o mestre, que vai cambiar de centro ao curso seguinte e se quere despedir dos seus alumnos. Vexamos o que di o Andreu, o neno protagonista, antes de facer unha longa reflexión sobre os efectos psicolóxicos das guerras:

«Na escola, o señor Madern, o mestre, leunos un conto en castelán dun libro de lecturas que se titulaba La última lección, que contaba a derradeira lección dun mestre aos alumnos dunha escola rural, como a nosa, dunha provincia de Francia que pasara a ser de Alemaña por culpa dunha guerra que os franceses perderan [...].» (p. 252)

Fotograma de Pa negre onde aparece o señor Madern, o mestre, léndolles aos alumnos.

Cando en catalán lemos la darrera lliçó d'un mestre, non creo que nos veña á cabeza ningunha imaxe, alén da que poidamos construír coa propia lectura. Mais se en galego lemos a derradeira lección dun mestre ou, directamente a derradeira lección do mestre (p. 255 e 265), viranos axiña á cabeza o debuxo do álbum Galicia mártir de Castelao no que aparecen dous nenos ollando para un home asasinado polos fascistas e que vai acompañado pola frase «A derradeira lección do mestre».


Está claro que o dramatismo da escena aumenta, aínda que sexa de xeito inconsciente, ao lérmola na versión galega. Dous exemplos, pois, de como a tradución non é unha perda, senón que é un produto distinto sobre a mesma base e, nalgúns momentos, tamén un enriquecemento da obra orixinal.

Anteriores:

"Sobre a tradución ao galego de Pa negre I: o título"
"Sobre a tradución ao galego de Pa negre"

dissabte, 21 de gener de 2012

Sobre a tradución ao galego de 'Pa negre' I: o título.

O pa negre que dá título á novela fai referencia ao pan que comeron tantas familias na posguerra. Ese pan feito con fariña de centeo —no mellor dos casos— e que hoxe moitas persoas maiores non queren comer, como lles pasa co pan de millo, porque mentres á xente nova nos presta e nos gusta, a eles lémbralles os anos da fame e da escaseza, cando era un luxo comer pan branco.

Para a tradución ao galego deste sintagma valorei tres opcións. A primeira delas, a tradución directa: "pan negro". As outras foron "pan centeo", unha maneira moi tradicional de chamarlle a ese pan e, finalmente, "pan mouro". Esta última quedou descartada porque é moi restrinxida, porque os significados de mouro poderían interferir no sentido primeiro do título e porque “pan mouro” tamén é o nome que nalgunhas partes da costa galega se lle da á esponxa de mar. "Pan centeo" non quedaba mal, pero dáballe un carácter moito máis doce e hoxe case de gourmet a un pan que perdería a connotación da negrura e da miseria que implica o pan negro, que doutra banda é como lle chaman (?) no Incio ao pan centeo.

Ademais, coa sombra do castelán que nos leva sempre a pensar se temos que optar por solucións diverxentes, tamén valorei a posibilidade de distanciar o título do Pan negro da tradución castelá da novela —castelá non só pola lingua, senón tamén polo dialecto—, feita polo propio Emili Teixidor. Non o fixen porque, dunha banda, procuro actuar coma se o castelán non fose unha ameaza que nos leve a cometer absurdidades como prescindir de vocabulario xenuíno só porque sexa compartido coa lingua románica do lado e, pola outra, porque podemos aproveitar a coincidencia no título para que alguén que non estea interesado na tradución galega tope con ela ao facer unha busca na rede ou ao pedir Pan negro nunha libraría, e nunca sabemos a través de que casualidades podemos chegar a un lector ou a un comprador potencial.


Poida que haxa outras posibilidades e algunhas que nin sequera se me ocorresen, pero estas son as razóns que me levaron a escoller Pan negro. E, se alguén quere aprender a facelo, aquí ten a receita.


divendres, 20 de gener de 2012

Sobre a tradución ao galego de Pa negre

Pa negre é unha novela catalá de Emili Teixidor. Pan negro é a tradución ao galego da mesma novela ou, dito doutro xeito, a versión adaptada para o público galego dunha obra pensada en catalán desde dentro do mundo catalán.

Esta translación cara ao mundo galego implica perdas, engadidos, estrañezas, novidades e, sobre todo, comporta que Pan negro pertence xa á cultura galega e á literatura galega, malia ser na súa orixe unha obra catalá.


Para recuperar un pouco a ruta desta viaxe, a partir de mañá e durante a semana vindeira vou publicar unha serie de cinco posts nos que tratarei algúns aspectos da tradución ao galego de Pa negre sobre os que me parece interesante reflexionar ou facer algúns breves comentarios.

Nestes cinco pequenos textos falarei da tradución do título título da obra, da intertextualidade que xera a versión galega, dalgunhas solucións que poden ser discutibles, de erros evidentes e, finalmente, a xeito de agradecementos, das relacións que para min teñen moitas palabras ou expresións con algunhas persoas ás que llas escoitei, de quen as aprendín ou que me resolveron dúbidas e me aconsellaron a súa escolla.

dimarts, 17 de gener de 2012

Presentación en Lugo de 'Pan negro' e proxección do filme

Hoxe, mércores 18 de xaneiro, presentarase en Lugo Pan negro, a tradución ao galego da novela Pa negre do escritor catalán Emili Teixidor. A continuación proxectarase en versión orixinal o filme Pa negre, preseleccionado para os premios Oscar e inspirado na novela homónima.


A presentación celebrarase ás 20:00 no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, na rúa de San Marcos nº 8, e está organizada polo Club Cultural Valle-Inclán e patrocinada pola Vicepresidencia Primeira -Cultura- da Deputación.

O Club Cultural Valle-Inclán é unha das entidades que colaboraron coa Fundación Vicente Risco no proxecto de edición de Pan negro.

dissabte, 14 de gener de 2012

'Pa negre' proxéctase en Santiago en V.O.

O filme Pa negre, de Agustí Villaronga, proxectarase o vindeiro luns 16 de xaneiro no Salón Teatro de Compostela ás 20:30. Será na versión orixinal en catalán con subtítulos en galego.

As entradas serán de balde e recolleranse na billeteira do Salón Teatro (como chegar) desde as 18:30h dese mesmo día. A sala abrirase ao público 15 minutos antes do comezo da proxección.

Lembrade que a tradución en galego da novela Pa negre, d’Emili Teixidor, editada pola Fundación Vicente Risco, se vende conxuntamente co DVD da película por 25€.


Free Blog CounterEnglish German Translation
Locations of visitors to this page Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet