[M'arriba aquesta informació de les professores de català de la Universidade de Santiago Compostela. Animeu-vos-hi! / Chégame esta información das profesoras de catalán da Universidade de Santiago de Compostela. Animádevos!]
Gustaríache practicar catalán? Queres ensinar galego? Isto é un convite para participares no programa PARELLÆS.
PARELLÆS é un programa de intercambio lingüístico galego-catalán / catalán-galego entre alumnas e alumnos da Universidade de Santiago de Compostela que falen galego ou catalán e desexen aprender, practicar ou mellorar a outra lingua.
Quen pode participar?
En principio, este programa vai destinado, dunha banda, ao alumnado orixinario do ámbito lingüístico catalán que actualmente estuda na USC (programa SICUE), e doutra, ao alumnado da USC que cursa ou cursou estudos de catalán.
Como funciona?
As e os participantes terán a oportunidade de conversar coas súas parellas nun ambiente relaxado e axeitado para practicar estas linguas. As parellas lingüísticas estarán compostas por unha persoa catalanfalante (con interese polo galego) e unha galegofalante (con interese polo catalán) para que os intercambios sexan bidireccionais e mutuamente enriquecedores.
Como me podo apuntar?
Só tes que escribir a dolors.perarnau@usc.es ou a mamerce.lopez@usc.es cuns datos persoais mínimos para sabermos o teu nivel de lingua (que nivel xa tes de catalán, que nivel de galego podes ensinar), a túa dispoñibilidade horaria e as túas afeccións e preferencias. En breve habémonos pór en contacto contigo para che asignar unha persoa coa que terás que compartir un mínimo de 10 sesións de intercambio até o final de curso. Para iso poderedes quedar onde e como queirades: para tomar un café, pasear pola cidade, ir ao cinema ou saír pola noite. E sobre todo, falar, conversar, parolar, laretar..., en fin, estar de leria.
Non teñas vergoña! Ensina a lingua e compártea!
* Actividade recoñecida con 1 crédito de libre configuración para todo o alumnado da USC (código 2011/11, Resolución 11 de xaneiro de 2011)
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada