divendres, 20 de gener de 2012

Sobre a tradución ao galego de Pa negre

Pa negre é unha novela catalá de Emili Teixidor. Pan negro é a tradución ao galego da mesma novela ou, dito doutro xeito, a versión adaptada para o público galego dunha obra pensada en catalán desde dentro do mundo catalán.

Esta translación cara ao mundo galego implica perdas, engadidos, estrañezas, novidades e, sobre todo, comporta que Pan negro pertence xa á cultura galega e á literatura galega, malia ser na súa orixe unha obra catalá.


Para recuperar un pouco a ruta desta viaxe, a partir de mañá e durante a semana vindeira vou publicar unha serie de cinco posts nos que tratarei algúns aspectos da tradución ao galego de Pa negre sobre os que me parece interesante reflexionar ou facer algúns breves comentarios.

Nestes cinco pequenos textos falarei da tradución do título título da obra, da intertextualidade que xera a versión galega, dalgunhas solucións que poden ser discutibles, de erros evidentes e, finalmente, a xeito de agradecementos, das relacións que para min teñen moitas palabras ou expresións con algunhas persoas ás que llas escoitei, de quen as aprendín ou que me resolveron dúbidas e me aconsellaron a súa escolla.
Free Blog CounterEnglish German Translation
Locations of visitors to this page Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet